Os estilos de enseñanza reproductivos.

 Dinámica 1: ( xogos para floorball)

Nome da actividade:  O cadrado morto.  

Estilo: mando directo

Idade dos participantes: 18/19 anos 

Espazo: media pista

Tempo: 10 minutos

Materiais/ recursos: bola, stick e conos 

Número de participantes: 12/13

Descrición: Para comezar a xogar ó floorball e deste xeito ir quentando un pouco, comezaremos por dividirnos en grupos de 4 grupos de 3 participantes. Unha vez os grupos estean feitos distribuiremos os 4 grupos ás diferentes esquinas dun cadrado que estará marcado por catro conos, mentres que un de cada equipo  posicionarase no medio facendo un círculo. 

Os catro xogadores que se atopan fora do círculo posicionaranse en fila detrás do seu cono. O primeiro de cada fila deberá ter na man un stick e unha bola. No momento no que o entrenador conte tres/ soe música… este comezará a correr o mais rápido que sexa capaz controlando a bola por fóra dos catro conos que forman o cadrado; unha vez este recorra todo o cuadrado deberá deixarlle o stick e a bola ó seu compañeiro da forma que este poida arrancar o mais rápido posible. 

Unha vez o grupo finalice a súa carreira, o último deberá correr ó centro do cículo, pasar por debaixo das pernas dun dos compañeiros do grupo do medio coller a bola que estará no medio e xunto co seguinte compañeiro máis rápido dos grupos contrincantes deberán intentar atacar  a portería, mentras que os compañeiros que cheguen mais tarde defenderan ó equipo ( conformado polos dous primeiros que atacan e os dous últimos) que defenden. 

O "quinto" grupo que se atopa no medio, mentras esperan a que os grupos exteriores rematen deberán facerse pases entre eles, mentras que un membro do grupo intenta roubar a pelota. En caso de receptala pasará a ser parte do equipo ofensivo, mentras que o último que toque a bola pasará a ser defensa. 

Deste xeito estaríamos fomentando entre os alumnos a mellora da conducción, dos pases e tamén do ataque e a defensa.

Variantes: ós 5 minutos do xogo, para que non se faga repetitivo, poderemos cambiar a dirección do percorrido dos equipos que se atopan fóra do cadrado, como cambiar tamén a actividade do grupo interno. Neste caso, en vez de xogar da orma anterior, faremos un mini partido de floorball 2 contra 2. O equipo que marque, sumará 1 ó seu equipo a maiores do xogo que se desenvolve no exterior. 

Se contamos con 1/2 lesionados que non teñen a capacidade de moita movilidade podemos darlle o papel de árbitro ou de capitá dalgún equipo. No caso de contar con lesionados que poden moverse porque a lesión é no tronco superior,ou son moitos,  podemos facer que sexan eles os defensas do rondo interior. Así non estaría parados en cada actividade.


Dinámica 2: 

Nome da actividade: o gato e o rato 

Estilo: mando directo

Idade dos participantes: 18/19 anos 

Espazo: media pista

Tempo: 5 minutos

Materiais/ recursos: bola, stick e conos 

Número de participantes: 12/13

Descrición: 

Distribuiremos a todos os xogadores nun rectángulo coas pernas abertas  menos a 2 xogadores. 

Os cales serán o rato e o gato. 

Por un lado o gato posicionarase por fóra do rectángulo e o rato por dentro. Como o propio nome indica o gato intentará pillar ó rato. O rato terá que escapar do rato a pata coxa, mentras que o gato intentará pillalo con stick e bola. Que faremos o resto dos xogadores? Pois a resposta é moi sinxela, todos os xogadores teremos que manter as pernas abertas e todo momento,  a única forma que teremos para axudar ó gato será ensanchar as máns para cerrar o corillo, ou abrilas para que o rato poida escapar. O gato deberá pasar polos mesmos buracos que pasase o rato previamente. Unha vez o rato sexa pillado cambiaranse os papeis, ou ben, meteranse dous novos xogadores.

Variantes: se o xogo se fai moi sinxelo, ou moi aburrido para a xente que se atopa facendo o rectángulo, darémoslle unha bola e un stick a cada un dos xogadores, que se terán que ir pasando entre sí. Neste caso, só abriran e cerraran as máns as persoas que se atopen preto do rato, mentras que o resto terán que atender á bola. Atención! Nesta partida se o rato se ve nunha situación moi precaria, se é capaz de captar a bola coa que xogan ós que se atopan no círculo, poderá cambiarlle o lugar a calquera dos seus compañeiros. Pero ATENCIÓN, o cambio debe ser rápido, porque se o gato pilla ó rato antes de que este se cambie co compañeiro, cambiaranse os papeis de novo. 





Comentarios

Entradas populares