Breaststroke technique
Índice:
1. Introducción
2. Acción de piernas
3. Acción de brazos
4. Posición do corpo
5.Coordinación
1.Introdución
Outra das técnicas en natación é a braza. Unha técnica onde o corpo non vai en todo momento horizontal á superficie da piscina, senón que o corpo posicionarase de xeito vertical ó chan, onde o único que sobresae da auga será a cabeza en cada respiración e nalgúns casos ( na maioría das veces en profesionais, os brazos) .
2. Acción de pernas
Acción de pernas: as pernas de braza non é un movemento único e equidistante, senón que se trata dunha acción que podemos dividir en varias fases.
Para comezar, cabe dicir que as pernas comezarán nunha posición que se encontren estiradas completamente, horizontais á base da piscina e moi preto a superficie da auga. Unha vez comencemos a querer avanzar flexionaremos as rodillas en dirección a cadeira, accionando deste xeito, a primeira fase da patada de braza, que é a que coñeceremos como recobro de pernas. Deseguido, sen ningún tipo de descanso pasaremos a facer un barrido cara fóra, é dicir, barrido exterior das pernas, cando as nosas pernas xa se flexionaron o suficiente ó par da nosa cadeira, debemos accionarnos para avanzar. Deberemos facelo da forma que collamos unha boa propulsión, desta forma, faremos unha pequena rotación do fémur e do rector anterior para así provocar unha rotación onde os nosos pés seguirán esta traxectoria de xeito que se impulsarán cara fóra e cara fóra.
Continuadamente pasamos ó que se coñece como barrido interno, onde as pernas xa collen propulsión e permítenos desprazarnos, unha vez as nosas pernas xa completen o barrido externo comezaremos a estirar os nosos xeonllos ata que estes comecen a volver a colocarse na fase inicial onde os pés están prácticamente xuntos e a uns milímetros da superficie da auga.
3. Acción de brazos
Podemos considerar a acción de brazos a parte máis importante neste estilo, pois é o noso maior apoio á hora de buscar un bo avance. Pois ben, o movemento de brazos neste estilo, podemos dividilo en tres fases.
Como puidestes observar na foto, o primeiro movemento denomínase agarre. Como podemos ver, nesta fase os cóbados non se estirán, simplemente intentamos imitar como se quixéramos mover a auga hacia fóra e abaixo, mediante unha semiapertura dos brazos. Deseguido atopámonos co tirón, onde os codos, de xeito contrario á fase anterior, xa comezan a estirarse en dirección ó noso peito, á vez que imos extendendo a cabeza pra respirar. E para finalizar a acción de brazos, atopámonos co recobro, comeza unha vez imos sacando os brazos á superficie, estirándoos por diante da nosa cabeza o máis estirados posibles, ofrecéndonos deste xeito unha menor resistencia á auga e proporcionándonos o último empuxón para un avance consistente,que sería un bo deslizamento.
4. Posición do corpo
Como poidemos observar ata agora nos diferentes videos e fotografías que están ó largo deste traballo, podemos distinguir duas posicións do corpo á hora de desenvolver a técnica de braza.
Pois ben, distinguimos unha primeira posición cando o noso corpo está completamente estricado realizando o deslizamento despois do que coñecemos como recobro na última fase da acción de brazos. Neste momento, o noso corpo deberá presentar unha posición o máis hidrodinámica posible, pois deste xeito, a nosa cabeza estará algo inclinada, coa mirada cara ó horizonte (debaixo da auga) e os nosos pés en flexión plantar. Os brazos, como xa recalcamos anteriormente irán extendidos o máximo posible en posición de pronación dirixíndose lixeiramente a desenvolver o que coñecemos como agarre. O tronco e as cadeiras irán nunha pequena posición horizontal ó chan, onde case rozan a superficie da auga, así como as nosas pernas.
Outra das posicións do noso corpo desenvólvese cando flexionamos os nosos codos e an nosas pernas. Neste momento o tronco estará inclinado; a cadeira deberemos sumerxila un pouco máis que na posición de extensión, e os hombros e a cabeza estarán fóra da auga (repiración), mentras, os brazos preparados para comezar a posición de recobrar. As pernas flexionarémolas cando casi comece o recobro e posicionarémolas perpendiculares ós nosos xeonllos e cadeira. Cando a cabeza non estea na superficie, terá que estar en prolongación ó tronco sen flexionar moito o pescozo.
(Fotografía B)
5. Coordinación:
A coordinación é moi importante como en todos os estilos de natación como no resto dos deportes, neste estilo imos buscar o mellor momento para tomarnos un respiro, é por iso que debemos buscar o momento exacto para respirar, polo tanto debemos calcular moi ben en que momento debemos dar a patada e a brazada, sendo simultáneo en todo momento.
A coordinación para respirar asociámola ó movemento de brazos, é dicir, sacaremos a nosa cabeza pra repirar cando os nosos brazos estean rematando o agarre e buscaremos a posición culminatoria cando estemos comezando co tirón. Unha vez collamos aire, tócanos sumerxir a cabeza de novo, polo que nos estiraremos de todo e daremos a ultima patada do ciclo buscando o deslizamento. Colleremos o aire ó sacar a cabeza no momento do recobro e soltarase xusto antes de finalizar este.
Coordinación brazos-pernas
Comentarios
Publicar un comentario