Análise da carreira no triple salto feminino- Tokio 2020.
Hoxe imos analizar a fase de carreira antes da primeira batida na competición triple salto feminino nos Xogos Olímpicos do pasado 2020.
Pois ben, como podemos analizar dende o primeiro momento de forma global, podemos concluír que non é unha carreira a unha potencia como nas competición de 300 m lisos, pero tampouco se trata dun medio fondo; xa que non buscamos unha marca en tempo récord, nin tampouco de resistencia. Senón que se trata dunha carreira onde todos os atletas desplázanse a unha velocidade media alta, podemos dicir a un 75-80% da velocidade máxima á que poderían alcanzar.
Ademais, tamén podemos observar como á hora de dar a zancada non busca rápidez, senón zancadas con moita amplitude e forza como se buscásemos un sustento para elevarnos máis tempo no aire. A isto debemos sumarlle que alzan moito os xeonllos en cada zancada e como consecuencia disto desenvólvese unha carreira moi medida, e moi exacta. É dicir, toda atleta desenvolve un talonamento completamente simétrico antes da primeira batida onde ningunha ten que axustar os pasos previos á fase de batida.
Tamen podemos examinar a posición do tronco superior durante esta primeira fase da carreira, onde toda atleta avanza cabeza baixa ate que comezan a chegar á fase de batida, onde comezan a levantala para realizar a segunda fase no triple salto.
Polo tanto, como conclusión podemos destacar que se trata dunha fase onde non buscan unha velocidade moi rápida, pero tampouco moi lenta, senón que se trata dunha etapa cunha velocidade media alta, que lles permita realizar saltos con moita potencia para así realizar zancadas moi amplas acompañada dunha elevación notoria de xeonllos, o que lles proporciona un talonamento moi medido, pero sen preaxustes.
Comentarios
Publicar un comentario