Lanzamento de martelo
ÍNDICE:
-Introducción.
1.Historia
2. Técnica
2.1 Evolución da técnica
2.2Técnica actual
2. 2.1Agarre
2. 2.2Posición de saída
2. 2.3Volteos
2.2.4Xiros
2.2.5Final/lanzamento
3. Instalacións
4.Materiais
5.Récords
6.Planificación
7. Bibliografía
Introdución:
Dentro da modalidade de atletismo como un deporte de competición, como xa saberedes podemos diferenciar distintos estilos. Entre eles, carreiras, saltos, lanzamentos e combinados. Non obstante, neste momento centrarémonos nos lanzamentos.
Como xa expliquei previamente en atletismo podemos contar con diferentes tipos dentro dunha modalidade, algo que tamén ocorre nos lanzamentos. Dividímolos en lanzamento de disco, de peso, de xavelina e de martelo.
LANZAMENTO DE MARTELO:
1. Historia
Os seus inicios atribúense a grupos célticos e xermánicos que mediante esta práctica rendían culto a un Dios chamado Thor que practicaba o lanzamento de martelo.
Aínda así, a evolución deste xogo podemos remontalo moito mais preto a nós, en Inglaterra arredor da segunda metade do siglo XIX, e comezamos a coñecelo nos xogos olímpicos de 1904 en Sant Louis.
2. Técnica
2. 1 Evolución da técnica.
Este deporte ten un percorrido moi amplo dende os seus inicios ata a actualidade.
Comeza co estilo máis primitivo onde se desenvolvía o lanzamento de xeito estático sen levantar os pés do chan e volteando o martelo sobre a cabeza. Non obstante, no ano 1900 apareceu o estilo irlandés, onde incorporaron unha sola asa ao artefacto, permitíndonos realizar xiros co noso corpo sobre as puntas dos nosos pés, comezando a realizar unha pequena suspensión.
O estilo tacón-punta apareceu entre os anos 20/30. Onde a superficie do círculo sustituiuse por antideslizante, realizando un total de 4 xiros. 1930, unha escola alemá añade a variante de apoiar o borde externo dos pés nos xiros.
Anos 50, incorpórase a técnica Nemeth onde o lanzador anticipábase a cada volta do martelo conseguindo un lanzamento de 75 m.
1970, o sector de caída redúcese un 40% e instáurase unha nova técnica de contra-movemento; retroversión de cadeira e gran inclinación na trayectoria do martelo. Dende o 1980 ata a actualidade a técnica confórmase do mesmo xeito, sen ningún cambio importante.
2.2 Técnica actual.
O lanzamento de martelo consiste en lanzar un obxecto chamado martelo o máis lonxe posible. O lanzamento realízase dende un círculo de 2,14 m de diamétro de cemento ou superficie símil que se encontra dentro dunha xaula de seguridade protexida por redes.
Neste lanzamento, o atleta intenta adquirir unha aceleración sostida para lograr que a velocidade inicial do lanzamento sexa o máis elevada posible. Esta técnica divídese en diferentes fases, neste caso, agarre, posición de saída, romper inercia, volteos, xiros, lanzamento e finalización.
2.2.1 Agarre
O agarre do artefacto é sinxelo; coller o agarre coa man esquerda suxeitandóo coas segundas falanxes e deixando o pulgar libre, mentres que a man dereita posicionarase encima dela entrecuzando ambos pulgares.
2.2.2 Posición de saída.
O lanzador posicionarase no extremo posterior do círculo, en dirección contraria a área de lanzamento. A apertura dos pés será á altura das cadeiras, mentras que a posición do tronco será ergueita acompañada dunha pequena flexión de pernas.
2.2.3 Volteos
A causa do peso do martelo, o lanzador necesita romper inercia dende a posición de saída, para iso, balancéase cara a esquerda ou adiante e desplazándoo cara a dereita por medio dunha torsión do tronco.
Para comezar cos volteos realizaremos un punto morto entre o fin de romper inercia e comezar os volteos, para que así sexa máis sinxelo o seguemento da técnica. O número de volteos non ten un número fixo, non obstante os lanzadores profesionais realizan dous ou tres antes de realizar os xiros.
Nunca debemos levar as máns por detras da cabeza, xa que esto fará que co peso poidamos desestabilizarnos.
Durante os volteos a cabeza de martelo está inclinado ata a dirección do lanzamento e adquire entre 40º e 45º.
2.2.4 Xiros
Os xiros comezarán cando o martillo se atope a altura do pé dereito no seu punto máis baixo da traxectoria durante o último volteo. Realízanse tres xiros da seguinte forma:
Comezamos o xiro despegando a perna dereita, ó tempo que xa buscamos o apoio para continuar así o xiro, unha vez o pé dereito toque o chán dase por finalizado o primeiro xiro. O seguinte, é unha situación moi característica nos pés, xa que combina o apoio do talón e máis punta (acción repetida durante a transición do xiro), facendo deste xeito, que o lanzador avance ata o arco de lanzamento.
2.2.5 Lanzamento
O último xiro, é o máis complexo, xa que aquí comeza a última fase, a fase do lanzamento. Neste momento créase unha tensión, pois cando o marteloo se encontra na parte máis baixa, seguindo co apoio simultáneo de tacón- punta. Comezamos a realizar o movemento de soltar o martillo;nesta última fase, os brazos acompañan ó martillo na dirección do lanzamento.
Algo moi importante a ter en conta é que unha vez o lanzador solte o martelo, este non poderá saír do recinto circular, pois deberá facelo por atrás, senón o seu lanzamento darase por nulo.
3. Instalacións:
O lanzamento desenvólvese dende un círculo de 2, 135m de diámetro, dende unha posición estacionaria, dentro dunha xaula, hacia unha área marcada.
Aínda así, esta pista non recolle toda a área, senón que colle só unha meirande parte do estadio.
4. Materiais
Este deporte desenvólvese cun martelo.
Categoría | Marca | Atleta | Páis | Lugar | Fecha |
Masculina | 86,74 m | Yuriy Sedykh | Rusia | Stuttgart | 30 de agosto de 1996 |
Femenina | 79,42 m | Betty Heidler | Alemania | Halle | 21 de mayo de 2011 |
Categoría | Marca | Atleta | País | Lugar | Fecha |
Masculina | 84,80 m | Sergey Litvinov | Rusia | Seúl | 26 de septiembre de 1988 |
Femenina | 78,18 m | Tatyana Lysenko | Rusia | Londres | 10 de agosto de 2012 |
6.PLANIFICACIÓN
1. Coñecer con detalle a técnica do lanzamento de martelo.
2. Coñecer as instalacions e material do lanzamento de martelo.
3. Realizar un lanzamento de martelo onde se poida observar claramente todas as suas fases, cunha execución básica correcta.
TÉCNICA(CONTIDOS):
1. Agarre
2.Posición de salida
3.Romper inercia
4. Volteo
5. Xiro
6. Lanzamento
7. Finalización
INSTALACIÓN E MATERIAIS
Instalacións:
-Zona de lanzamento
-xaula
- círculo de lanzamento
- área de lanzamento de 40º
MATERIAIS:
-Martelo
-Partes do martelo: empuñadura, cable e cabeza
-Enumera os contidos necesarios a desarrollar para que os alumnos poidan alcanzar os obxetivos postos previamente.
ACTIVIDADE 1:
Nome: IDEAS Ó AIRE.
Duración: 5/10 min.
Método de enseñanza/aprendizaxe: global pura
Material: /
Realizaremos ó longo da sesión unha pequena competición a base de preguntas para desenvolver a parte teórica deste deporte. A primeira actividade constará dun pequeno test de tres preguntas a cegas, mediante a intuición para ir coñecendo pouco a pouco as instalacións e materiais do lanzamento de martelo. Finalmente, faremos un pequeno kahoot para saber se realmente esta hora foi de notable axuda para o aprendizaxe de todos os estudantes.
PREGUNTA 1
1. Canto creedes que pesa o martelo?
a) 7 kg
b) 7 kg para os homes e 4kg para as mulleres
c) 4 kg para os homes e 7kg para as mulleres
d) Ningunha das respostas anteriores son correctas
PREGUNTA 2
2. En cantas partes se divide o martelo?
a) en 4 partes, cabeza, cable, bola e empuñadura
b) En 2 partes, cable e cabeza
c) En 3 partes, empuñadura, cable, e cabeza
d) Non ten partes, senón que todo se denomina martelo
(Breve explicación). A resposta correcta é a b, pois o martelo divídese en 3 partes; a cabeza, que é unha bola feita de metal macizo; o cable, que conta con 122 cm de largo e por último o agarre, que non é nada máis nin nada menos ca unha manilla cunha asa, que ben pode ser simple ou dobre.
PREGUNTA 3
3.De que partes se compón o campo?
a) Nun círculo dentro dunha xaula precedida dunha área marcada
b) Dun círculo e unha área marcada
c) Dun círculo dentro dunha xaula e todo o estadio.
Pois ben, o campo está incrito no estadio. E componse dun círculo de 2, 135m de diámetro, rodeada por unha xaula precedida dunha área marcada.
ACTIVIDADE 2.
Nome: Os países
Duración: 5 min.
Método de aprendizaxe : práctica global con polarización da atención, focalizado no lanzamento da bola.
Material: pelota mediciñal
QUECEMENTO
Realizaremos un xogo sinxelo, onde o obxetivo principal é que vaian familiarizándose inconscientemente coa técnica de lanzamento de martelo, deste xeito, faremos un xogo chamado "Os países".
Pois ben, darémoslle 2 minutos a todos os participantes para que pensen en dous, tres países pertencentes á Unión Europea. Unha vez estea listo, pasaremos a realizar a actividade. Comezarei eu cunha pelota con un pouco de peso na man e gritarei un dos paises escollidos previamente e lanzarei a bola ó aire, para que a persoa que ten este país veña correndo pola bola sen que esta chegue a tocar o chán. Non obstante, o lanzamento desenvolverase de forma específico, desta forma iremos aprendendo de xeito inconsciente a lanzar con algo de peso da mesma forma que no lanzamento de martelo. Unha vez o país colla a pelota sen que toque o chán deberá intentar tocar ca pelota á persoa que lle sexa máis sinxelo, se o consegue, será un máis dos que escapa, senón deberá seguir sendo él o que ten a bola.
Darémoslle soamente dúas vidas a cada un.
ACTIVIDADE 3 (20 min)
Nome: Mix de exercicios
Método de aprendizaxe: práctica analítica secuencial
Material: 5 picas, balóns mediciñais (3/4 kg) e 5 aros
( MIX DE EXERCICIOS TÉCNICOS para a perfección da técnica de lanzamento con diferentes materiais antes da primeira toma de contacto co martelo).
Breve explicación da técnica, acompañado dunha pequena visualización do lanzamento por un profesional.
A continuación repartir picas a todos os aprendices, facer unhas cantas series para practicar a romper inercia e facer ben os volteos, entre dous conos en posición horizontal a unha distancia de apróx. 2 m entre cada cono.
Deseguido, cambiar picas por balóns medicinais e facer prácticamente o mesmo, só que neste caso comezamos xa a familiarizarnos un pouco co peso (balóns de 3/4 kg). Unha vez esta actividade estea comprendida, facer o mesmo exercicio pero máis complexo. Como? Pois ben, cambiar a dirección dos conos de horizontais a verticais. Desta forma estaríamos facendo un percorrido similar ó que desenvolvemos nas competicións.
Agora comezaremos cos xiros, polo tanto, tamén co movemento dos pés. Non obstante, comezaremos primeiro tomando contacto co movemento dos pes, sen ningún tipo de material nas máns, entre dous conos faremos unhas 3/4 repeticións cada un e pasaremos a practicar os volteos.
Os exercicios para facer os xiros deberemos facelos completos, é dicir, cos pasos practicados previamente; rompendo inercia, facendo os volteos, (e se somos capaces tamén co movemento dos pe) aínda que non pasa nada se nestas primeiras series non somos capaces de facelo cos pés.
Unha vez sexamos capaces de conectar romper inercia, volteos, xiros e movemento de pés de xeito sinxelo, farémolo cun pouco de peso, é dicir, coas pelotas mediciñais.
Unha vez estes exercicios estean comprendidos e ben realizados, faremos unha pequena proba con aros de toda a técnica do lanzamento, desta forma, asegurámonos de que a técnica estea aprendida a perfección.
ACTIVIDADE 4 (10 min)
Nome: primeira toma de contacto co martelo.
Método de enseñanza/aprendizaxe: práctica distribuida
Material: martelo
Tras realizar todas as actividades anteriores, notaremos unha mellora progresiva nos alumnos, desta forma, chegados a este punto xa podemos realizar as actividades co martelo, para que nos sexa moito máis sinxelo a explicación do exercicio, faremos como un pequeno circuito; onde por cada exercicio, realizaremos entre 3-5 repeticións, facendo o circuito un total de 2 veces e descansando uns 15 segundo entre serie.
NOTA: Debemos de ter en conta que é a primeira vez que toman contacto co martelo é por iso que é importante ter en conta a posición das mans para sostelo, unha boa posición do corpo, uso correcto do material, precaución coas posibles persoas no espazo de xogo, e tamén erros comúns ó realizar o lanzamento.
CIRCUITO: Para esta actividade os alumnos poñeranse por parellas, desta forma, poderán ir correxíndose uns ós outros ó tempo que eles van aprendendo do práctico e tamén do visual.
1º Exercicio : (3 series de 3/5 repeticións) Romper inercia e realizar os volteos, nun sitio fixo.
2º Exercicio: (3 series de 3/5 repeticións) Romper inercia, volteos e xiros, nun sitio fixo.
3º Exercicio (3 series de 3/5 repeticións) Romper inercia, volteos e xiros en movemento.
4º Exercicio (3 series de 3/5 repeticións) Romper inercia, volteos, xiro e lanzamento.
ACTIVIDADE 5 (10 min)
Nome: Semifinal de lanzamento de martelo no CIFP POLITÉCNICO DE LUGO.
Estratexia: global pura
Material: martelo, tiza (no caso de que fagamos as probas dentro por cambios metereolóxico)
Lanzamento de martelo nas instalacións propias e coas normas básicas. Neste caso, debemos ter en conta a posición de saída e o final da proba.
Para dar por finalizada a sesión e motivar un pouco a todos os alumnos pasaremos a realizar unha competición entre todos os participantes. Dándolles un total de repeticións por persoa e unha final entre as dúas mellores marcas.
ACTIVIDADE 6 (3/5 min.)
Nota: avaliación sobre lanzamento de martelo, mediante un kahoot.
7. Bibliografía:
file:///C:/Users/ALUMNADO/Downloads/Dialnet-DescripcionDeLaBiomecanicaDelLanzamientoDeMartillo-4555119.pdf
https://www.efdeportes.com/efd193/fundamentos-biologicos-en-el-lanzamiento-del-martillo.htm
https://sites.google.com/site/atletismoweb/disciplinas-del-atletismo/lanzamientos/martillo
Erros a mellorar :
Modificación da sesión:
Comentarios
Publicar un comentario