Butterfly technique
ESTILO MARIPOSA
(vídeos de mariposa )
Movimiento de piernas
Movimiento de brazos: tracción/recobro.
A acción de brazos no estilo mariposa componse por dous movementos principais e únicos, que é o que coñecemos como a tracción e o recobro.
Pois ben, a tracción é unha acción dos brazos que se desempeña fóra da auga é dicir, é unha fase aérea, os brazos traballan simultáneamente, e van dende as cadeiras ata que as mans entran outra vez na auga. Durante a primeira fase, os nosos brazos ou ben poden estar completamente extendidos ou tamén semiflexionados, realizando unha acción cara arriba e cara adiante. Cando as nosas mans estean á altura dos nosos ombros, comezaremos a xirar as nosas mans colocándoas en prono, os codos que están lixeiramente flexionados comezaremos a estiralos de novo para realizar a entrada á auga.
Nesta segunda fase da tracción cando as mans están a altura dos nosos ombros preparados para entrar na auga, encontrarémonos con moita variedade de apertura dos brazos, algo que varía moito dependendo do nadador/a. Neste momento as mans deberán estar orientadas cara fóra, preparadas para entrar na auga.
Podemos observar esta técnica no seguinte vídeo que aparece a continuación entre os minutos 3:46/6.
A segunda acción é o que se coñece como o recobro, acción de brazos que se realiza de forma acuática, dende que os brazos entran na auga ata que volven a saír a altura das nosas cadeiras. Nesta fase, atoparémonos con diferentes accións. Un recobro que vai fóra, dentro, fóra.
Unha vez introducimos os brazos na auga, estes serán estendidos para realizar a primeira acción cara fóra como dixemos anteriormente, pero tamén cara abaixo (nunha acción circular). Continuaremos co segundo barrido, neste caso cara dentro. Nesta acción os brazos barren cara o noso estómago, abaixo e atrás. Elevando os codos e comezando a traccionar as mans, o mesmo tempo, os codos comezan a flexionarse e cando as mans están moi próximas comezaremos coa terceira acción do recobro, hacia fóra, hacia atrás e desta vez, en dirección á superficie xa que nos atopamos na última acción antes de comezar outra vez coa tracción. Nesta acción os cóbados comezan flexionados e as mans pronadas, pero a medida que imos aproximándonos para sacar os brazos fóra da auga, imos estendendo os cóbados e posicionando as nosas muñecas en posición vertical coa auga.
A continuación nos primeiros 40 segundos do seguinte vídeo poderemos observar con moita precisión a entrada dos brazos na auga e tamén o primeiro barrido cara fóra.
No seguinte vídeo a partir do segundo 30 poderemos observar tamén a segunda a e última acción dos brazos no recobro antes de desenvolver a fase aérea.
Comentarios
Publicar un comentario