Os dous estilos no triple salto


 

OS ESTILOS NO TRIPLE SALTO



Como xa sabemos, na competición de triple salto, as/os atletas, utilizan en maior medida o tren inferior xa que é a parte esencial que precisamos para saltar. Neste caso, o triple salto ten unhas características específicas das que facemos caso umiso noutras competicións. Como por exemplo, a carreira non debe de ser á maior velocidade posible pois á hora de facer a primeira batida o máis probable é que nos pasemos da marca de exceso ou ben non captaríamos a propulsión necesaria para obter unha nova marca. 

Aínda así, as pernas non é a única parte que inflúe para facer o triple salto, pois o noso tronco superior, que tamén se coñece neste caso como segmentos libres, é unha parte esencial. 

Pois ben, se nos fixamos no seguinte vídeo que está a continuación a partir do minuto 15, poderemos observar a atleta finlandesa Makela, a cal busca unha axuda extra a través do seu tronco superior. Neste caso, Makela apóiase nunha secuencia alternativa dos brazos nas tres batidas. 

Nas dúas primeiras batidas, a atleta finlandesa, avanza cunha acción alternativa onde busca o impulso en ambos brazos, pero non de xeito simultáneo. 

De xeito contrario ós dous primeiros saltos, como xa dixemos agora mesmo, o terceiro salto é diferente, pois ben, se nos fixamos con detemento poderemos captar como a atleta recolle os dous brazos simultáneamente dende arriba hacia abaixo para buscar un impulso a maiores que o que lle da a forza das súas pernas. 


A diferencia de Mikela, a atleta Lafond da República Dominicana, ( que é a seguinte atleta), busca o seu impulso extra no seu tronco superior a través dunha acción simultánea dos brazos nas súas tres batidas. 

Ambas atletas, acompáñanse dunha pequena hiperextension da columna nos dous primeiros saltos, e unha flexión de columna cara adiante na última batida, facendo que ambas rematen a súa traxectoria cos dous pes xuntos e cos brazos na mesma dirección que o tronco inferior. 



Comentarios

Entradas populares