Backstroke technique



 BACKSTROKE TECHNIQUE



A técnica de espalda non é unha acción única, senón que depende da combinación de movementos de brazos e pernas complementarios. 

Será un estilo semellante a crol, mais deste xeito, o nadador posicionarase sobre as súas costas, en posición dorsal, sen sumerxir a cabeza en ningún dos seus feitos; (esceptuando viraxes e saídas). O corpo traballará sobre o noso eixe vertical, sen ter en conta a nosa cabeza que permanecerá en todo momento fixa. É o que se coñece como rolido en posición supina

A desvantaxe primordial desta técnica é que o nadador/a non será quen de visualizar onde se atopa, polo que deberá ir recollendo diferentes puntos de referencia para así poder situarse o longo do súa traxectoria.

 


Os catros movementos principais para desenvolver un bo traballo nadando a espalda serán os seguintes: 

Posición do corpo: 

Manter o teu corpo aboiado en natación é completamente primordial, polo menos cando estamos a falar das técnicas de crol, braza e espalda, xa que a hora de bucear buscamos avanzar polo  fondo. 

Nesta posición, a nosa cabeza deberá posicionarse de xeito que se manteña en todo momento, perpendicular a auga e coa vista mirando ao teito, a auga terá que estar rebasando os nosos oídos e a nosa cadeira posicionarase por debaixo do nivel da nosa cabeza acompañada do movemento de pernas. Xunto con isto, unha boa coordinación dos brazos, rolido (recobro / tracción)* e das pernas levarannos a manter unha boa posición do noso corpo. O rolido será efectivo sempre e cando sincronicemos os nosos brazos e pernas ao mesmo tempo que rotamos o noso corpo.

 *rolido*:  movemento de brazos no que forman parte o recobro e a tracción

*recobro*: recorrido do brazo fóra da auga

*tracción*: movemento do brazo debaixo da auga 

 

Aquí adxunto unha imaxe e un vídeo para que así o formato teórico o poidas ver de xeito práctico para un aprendizaxe máis sinxela. 

 




Brazos e pernas: 

Comezando pola actividade dos brazos, realizarán dous movementos básicos que conforman, como xa dixen anteriormente, o rolido. 

-Por un lado, coñecemos o recobro, recorrido do brazo polo exterior da auga. A man sairá da auga do xeito que a nosa palma quede posicionada de xeito vertical a nosa cara, e a medida que desenvolve a súa traxectoria irase xirando para rematar sumerxíndose coa palma cara as corcheras/ parede introduzindo o noso dedo meñique de primeiro.

- Por outra banda, contamos coa tracción, recorrido que realizamos co noso brazo cando está sumerxido. Un reorrido composto por tres movementos simples (abaixo-arriba-abaixo). Dende o momento no que a nosa palma se sumerxe, onde baixamos o brazo, para continuamente volver a subilo en dirección a nosa cadeira, para finalmente desenvolver a última baixada de muñeca antes de volver a comezar o ciclo.


 

   As pernas desenvolverán unha actividade constante e dinámica, que serán pequenas patadas consecutivas, flexionando levemente ambas rodillas ao patalear. 

Con respecto ás pernas, existen tres técnicas, ou ben a técnica a seis tempos, tres patada con cada pé, ao mesmo tempo que o noso brazo realiza unha tracción e o seu adverso un recobro; a catro tempos, duas patadas con cada perna por cada recobro e cada tracción, e o mesmo a dous tempos, con unha soa patada por cada movemento de brazos


 




 


Repiración:

Á hora de aprender a nadar, nadie nos recalca que a respiración é outra técnica que fai favorable un bo aprendizaxe á hora de nadar á espalda. Pois como nestas accións non sumerximos a cabeza consideramos que a respiración non é importante, mais si que ten un gran peso. Se esta é descordinada, a técnica será moito máis complexa de practicar  xa que o nadador irá  dando unha especie de saltos na auga mentras efectúa os seus ciclos.

 

A respiración máis sinxela que se pode realizar é coller aire cando un brazo realiza o recobro e soltalo cando se efectúe o recobro co outro brazo.

 


 



Comentarios

Entradas populares