Avaliación recíproca de bádminton

 A miña experiencia como alumno avaliador: 

Dende a miña perspectiva considero que poder experimentar a posibilidade de ser evaluador é algo importante e satisfactorio, xa que é como un pequeno prórrogo do noso futuro como técnicos deportivos. Ben é certo que a experiencia fainos sabios, pero a axuda da perspectiva doutras persoas acompáñanos a ser moito máis obxetivos á hora de valorar a situación de xogo doutros compañeiros, xa que normalmente cunha presenza única non podemos chegar a presenciar todo o que ocorre no campo e moitas veces, como fallo do humano, podemos chegar a xulgar e concibir de feito subxetivo accións que non ocorreron, pero por ideas ou experiencias pasadas a nosa cabeza desenvólveo de forma inconsciente.

É unha actividade na que necesitamos poñer todos os sentidos, ser coherentes coas decisións impartidas e ser capaces de desempeñar as accións de feito solvente, xa que non facemos críticas para ridicularizar ó avaliado, senón que é a creación dun camiño no que impartir os seus novos coñecementos nunha base sólida e correcta, evitando que deste xeito, o/a xogador/a avaliado non se faga maestro no erro. Ademais disto, tamén debemos de ser conscientes que as nosas correccións non deben ser moi recias, xa que son persoas que están nun proceso de aprendizaxe.



  • A miña experiencia como alumno avaliado: 
Normalmente cando eres a persoa á que avalían o noso sistema desenvolve sensacións de vergoña e nervios, o que desemboca (nunha gran maioría) nun deterioro da actividade realizada. Non obstante, cando os meus compañeiros comezaron a facelo fixérono dunha forma discreta e para o meu parecer bastante sabia, concisa, coherente e algo positiva (unha vez puiden leer os seus decretos), o que fixo que eu estivese xogando de forma tranquila e sen presión desenvolvendo deste xeito todo o que eu sabía sobre bádminton. 
Considero que estas avaliacións na gran parte do seu proceso, teñen un obxetivo cun fín concreto no que nós como alumnos avaliados debemos aprender  dos nosos erros desenvolvendo deste xeito un aprendizaxe de forma práctica e sinxela. 

Comentarios

Entradas populares