Desarrollo sociafectivo e idade.

 Grupo de 14 a 17 anos. 

Na miña opinión poden chegar a ser o grupo máis complexo para traballar , xa que están nunha etapa na que a integración e a inclusión por parte dos compañeiros é primordial. É por iso que, dende un comezo poderíamos facer diferentes xogos que os leven a ver que a diversidade nos gustos é algo normal, que non pasa nada por ter gustos diferentes e ademáis axudar a integrarse a aqueles rapaces que non teñen tanta facilidade á hora de desenvolverse cos seus compañeiros.

Por exemplo comezar a clase con diferentes Ice-breakers de presentación sería unha forma indirecta e moi boa do coñecemento dos rapaces da aula o primeiro día de escola...

Diferentes dinámicas de presentación:

    -     I´M (NAME) AND I LIKE (SOMETHING)

O obxetivo: Todos deberán presentarse e dicir algo que lles guste facer no seu tempo de lecer, co fín de todos se escoiten os uns os outros. 

 Outro ice-breaker tamén podería ser : 

    -  CANTOS GUSTOS TES EN COMÚN ?

Nesta actividade entregarémoslle un papel a todos os participantes con diversas preguntas,  eles mesmos, nun apartado terán que responder a sú resposta e no segundo apartado encontrar a alguén coa misma resposta, poñendo neste apartado o nome do compañeiro e a súa firma; deste xeito, deberán relacionarse entre todos se queren gañar e ao mesmo tempo estaría dándose de conta das cousas que teñen en común con moita xente coa que posiblemente nunca falaran. 

E para rematar, poderíamos facer dous Ice-breakers a maiores de coñecemento do compañeiro. 

Por un lado terñiamos unha actividade chamada:

ERES CAPAZ DE ADIVIÑAR DE QUEN É ESTA HISTORIA?

Entregarémoslle un papel a todos os rapaces cun bolígrafo, nese papel deberán escribir a historia máis graciosa ou impresionante que lles pasase ao longo da súa vida e entregaranlle o papel ó monitor pechado. Unha vez todos os rapaces rematen, o monitor comezará a leer un por un todos e cada un dos papeis postos na bolsa, e por cada papel os rapaces deberán intentar adiviñar a quen lle aconteceu dita historia, para posteriormente explicala diante de todos os rapaces. Deste xeito todos os rapaces terán un momento  no que poidan expresarse e deste xeito que o resto dos compañeiros o/a coñezan un pouco máis. 

Nesta historia tamén poderíamos facer unha variante, se quixéramos poñernos na pel dalgún rapaz/a ó que a integración non é o seu forte, ou que anteriormente sufriu algún tipo de acoso... facéndolle ós rapaces sacar a súa parte máis meláncolica, para que escriban sobre por exemplo " o peor día da súas vida"

Escollín estas tres dinámicas para que a integración e inclusión do grupo fose máis sinxela, dende o momento 1 entre toda a aula, xa que a esta idade, sentirse acollido nun sitio é primordial para a situación anímica e tamén física de todos os rapaces. 





Comentarios

Entradas populares