Badminton


 ÍNDICE: 

1. Introdución/ historia.

2. Material para xogar-como se utiliza  (raqueta/ pluma- volante)

3. Terreno de xogo (campo individual/campo doble) 

4. Reglas.(puntuación)

5. Técnica 

5.1.Golpeos básicos (drop, smash, globo, drive)

6. Táctica

BÁDMINTON 

O bádminton é un deporte de raqueta que xurdiu en India (Poona). Algúns oficiais do exército británico, levárono ata Inglaterra arredor do ano 1873, onde o duque Beaufort comezou a practicalo de forma regular na súa eira campestre coñecida como Bádminton, nome que rematou por asociarse ó xogo. 

Ó comezo, o bádminton era un xogo formal que se practicaba cunha vestimenta un tanto peculiar,  constaba dunha casaca, zapatos abotoados, corbatín e pantalóns abombados de seda. Debemos destacar que por aquela época este xogo non estaba adxento a todos os públicos, xa que só tiñan acceso ós da clase alta. 

Este deporte, chegou a España (Galicia) a principios dos 70.

2. MATERIAIS 


2.1  O VOLANTE

Para xogar precísase dun volante, que pode ser ou ben feito de materiais sintéticos ou naturais, aínda que o máis importante é que teña as mesmas características de voo ou similares a un volante de plumas naturais cunha base de corcho cuberta cunha capa delgadiña de cuero. 


2.2  A RAQUETA

É o material máis importante do xogo xunto có volante. A raqueta debe conformar unha estructura con unhas medidas tanto de largo como de ancho concretas, neste caso, que non exceda as seguintes medidas (680 mm de largo e 230 mm de ancho). Velaquí unha mostra das partes que debe presentar. 




De abaixo cara arriba, temos o mango ou a empuñadura da raqueta, a parte pola que o xogador debe coller a raqueta; o pau é a parte que conecta a empuñadura coa cabeza;  a cruceta, tamén chamada garganta é a responsable de xuntar o pau coa cabeza e por último a cabeza recollerá a área das cordas, a parte da raqueta destinada o golpeo do volante. 

3. TERRENO DO XOGO


As medidas do campo de bádminton son 13,40 m de lonxitude, sendo 6,40 m de cada lado por 6,10 m de ancho, en individuais, isto cambia, pois as medidas pasan a ser 13,40 m de lonxitude por 5,18 m de ancho, é dicir, estaríamoslle quitando 46 cm respectivamente de cada lado dun campo de dobres. Ademáis no medio do campo contaremos coa rede, que deberá estar situada  a 1, 55 m do chán e 1,52 m no centro. 

Polo tanto: 

Campo individuales: 13,40m de largo x 5,18m  ancho

-Campo dobres: 13,40m de largo x 6,10 m ancho.

 


Ademais, tamén debemos facer referencia as distintas lñas de xogo que atopamos na imaxe anterior.

Comezando dende fóra cara o centro (anchura), atopámonos coas primeira liñas, as liñas laterais  exteriores, estas, son as que sinalan as delimitacións do terreo de xogo en dobres. Seguidamente, a 46 cm da liña de dobres, atopamos as liñas laterais internas/interiores, que marcan as delimitacións do campo cando xogan  individuais. Tamén podemos observar en lonxitude, as liñas de fondo, é dicir,  as primeiras liñas do campo, as cales delimitan o terreo de xogo en ambas modalidades. a 76 cm da liña de fondo atopamos as liñas de saque longo, aquelas que indican o punto máximo ao que pode chegar o volante unha vez en xogo para non consideralo como falta. E por último, atopamos as liñas de saque curto, liñas que delimitan o punto mínimo ao que debe chegar o volante para que non se considere como falta.

 


4. REGLAS (PUNTUACIÓN)

EXISTEN CINCO PROBAS DIFERENTES: 

 Individual feminino. Individual masculino, dobres feminino, dobres masculino e dobres mixto. 

OBXETIVO: 

 Xogarase ó mellor de 3 sets, a 21 puntos cada un, sempre cunha diferencia de 2 puntos (cun máximo de 30 puntos). 

 Deste xeito, cada xogador deberá intentar que o volante caia no terreo do adversario, sin que este non consiga devolvelo dentro dos límites do noso campo, ou que este, cometa falta. Ademáis, o volante debe ser golpeado alternativamente por ambos adversarios, non podendo nunca golpear duas veces seguidas o mesmo xogador. Puntuarase estando ou non na posición do saque, sempre que falle o noso contrincante. O saque sempre se realizará por debaixo da cintura e enviando o volante ó cuadrante oposto do campo contrario. 

No momento do saque, o servidor e o receptor deberán permanecer cos pés estáticos. 

 Os xogadores, sacarán dun lado ou outro do campo en función da puntuación do xogador que servirá nese momento: 

- Cero ou par: saques dende a dereita (enviando o volante cara a dereita do campo contiguo)

-Impar: saques dende a esquerda (hacia a esquerda do campo adverso).

A zona de saque variará dependendo de si xogamos individual ou a dobres.

 

5. TÉCNICA

5.1 Tipos de traxectorias

No Bádminton podemos encontrar distintos xeitos de golpear segundo a súa intención táctica, deste xeito, estes poden ser defensivos ou ofensivos:

    • Golpes ofensivos
      • Smash: Trátase do golpe ofensivo por excelencia consistindo nun remate dende campo propio a campo rival seguindo unha traxectoria diagonal descendente imprimada de bastante forza facéndoo un golpe moi difícil de devolver.
      • Drive: Golpe ofensivo de traxectoria paralela ao chan que consiste nun golpeo forte e plano co fin de facer unha devolución rápida e potente que sexa difícil de contrarrestar.
      • Drop : (Deixada dende fondo de pista): Golpe ofensivo que ten como fin enganar ao rival ou impedir que chegue ao volante para conseguir o punto inmediatamente, a súa traxectoria será irá dende o fondo da pista en ascendente para realizar unha caída moi preto da rede.
      • Net Drop (Deixada baixa preto da rede): Golpe ofensivo que ten unha traxectoria moi cortiña dende unha posición próxima á rede co fin de que se quede no campo contrario inmediatamente.
    • Golpes defensivos:
      • Lob: Consiste nun golpe defensivo de traxectoria ascendente dende o propio campo e caída inmediata preto da liña de fondo rival, é un golpe que se realiza dende debaixo da cabeza para poder recolocarse no campo é gañar a posición central do mesmo.
      • Clear: Golpe defensivo que levará unha traxectoria ascendente cara o fondo da pista. Tamén se pode realizar un clear a menor altura converténdose nun golpe ofensivo.



5.2 Colocación do corpo 
A posición deberá ser unha posición de xeito equilibrada co tronco, o cal estará lixeiramente inclinado hacia diante, coa axuda dunha pequena inclinación de xeonllos, e os pés separados á mesma anchura que a nosa cadeira.



5.3 Suxeición da raqueta

Debemos suxeitar a raqueta pola metade do mango aproximadamente simulando darlle a man alguén facendo unha especie de "V" no espazo entre o polgar e o mostreiro, isto coñécese coma presa en V ou presa universal.



6. TÁCTICA

Coma en todos os deportes a táctica é un aspecto fundamental no devir do xogo sendo a aplicación da técnica que se ten e incluso coma un aspecto que pode reducir distancias entre xogadores de distinto nível técnico.

Coma na maioría de deportes, tanto individuais coma de equipo, a transición é un feito único  que se debe dominar de maneira maxistral. Unha transición é o cambio de ataque a defensa e viceversa por iso en bádminton debemos saber en que momento estamos para elexir a traxectoria correcta.

6.1  ESPAZO

Os espazos poderían considerarse coma o factor táctico de maior importancia en infinidade de deportes (Fútbol, baloncesto, tenis, tenis de mesa...) e no Bádminton tamén. Deberemos coñecer os mecanismos dos espazos sendo estes:

  1. Creación do espazo: Debemos ser capaces de crear espazos co desprazamento do rival car aun lado ou outro da pista tanto en horizontal como en vertical.
  2. Ocupación do espazo: Teremos que ser capaces de levar o volante cara o espazo creado.
  3. Aproveitamento do espazo: O feito de levar o volante cara un espazo debe facerse co fin de que nos aporte un beneficio no partido, ben para gañar o punto, para recolocarse no campo...


















Comentarios

Entradas populares