Presentación

Ola, son Sara González Antelo. 

Teño 18 anos e vivo nunha pequena aldea preto de Santiago de Compostela, aínda que actualmente estou trasladada á provincia de Lugo, xa que estou cursando un ciclo de TSEAS. 

Ao longo da miña infancia e parte da adolescencia practiquei diversos deportes pasando por natación, patinaxe, aerobic, tenis…para finalmente decantarme polo balonmán. Deporte que empecei a cursar cando tiña 9 anos. 

Estou federada nun equipo no meu pobo en Santa Comba que se chama Balonmán Xallas, e xogo na categoría senior.

Comentarios

Entradas populares